martes, 28 de octubre de 2008

¿Que foi do blogue "Defensor da Xente de Teo"?

É case como unha película de terror. Dun día para outro, o blogue "DEFENSOR DA XENTE DE TEO", e que en realidade defendia aos "Janistas de Teo", ainda que dixera que non. Dun día para outro todo vestixio de indexación en Google desaparecera. ¿Seica o soñei? ¿É que seica todo foi parte da miña imaxinación?

Claro que non, aínda atopo vestixios do seu dominio nalgúns sitios, ¡iso é unha proba! Pero bueno, a triste verdade é que pasou así. Borraron o blogue sen aviso algún, menos aínda unha explicación. O blogue era basicamente un blogue mandado crear, para defenderse deste blogue, ata que se desfasou, e comezou a falar de que "ALGUÉN INVITABA A CAÑAS".

A verdade estaba a ir ben, e todo parecía ir en subida, pero bueno hai que estar preparado para o peor. Creo que o seu erro foi intentar defender o indefendible, intentar pasarse por veciños anónimos, cando realmente eran "MILITANTES JANISTAS". Pero un ten que aprender dos seus erros e atopar a forma de poder defender os seus puntos de vista, dando cabida a todalas persoas, todalas opinións, todalas criticas... cousas que de momento seguides sen deixar. Haber se abrides outro blogue que espero non o borren ou que non volo manden borrar.

Unha nota final: no posible como ven, é mellor ter o control de cada aspecto do noso blogue, e non depender do que che digan segundas persoas, e de que cada persoa que queira crear un blogue, que o faga, que se dea a coñecer, que teña ideas propias, que se debata, que se entreteña, e cada un fago co seu blogue o que realmente queira...

¡ANIMO BLOGUEIROS E NON Á CENSURA!

Saúdos Socialistas.

0 C O M E N T A R I O S:

O administrador do blogue non se fai responsable do contido das opinións publicadas polos internautas.
Así, os espazos de participación constitúen un medio de comunicación pública e non privada, e as mensaxes dos lectores non corresponden con nós.