jueves, 30 de octubre de 2008

"A Pinza PP e PSOE", máis viva que nunca


Primeiras novas que temos do pleno de onte mércores, grazas a La Voz de Galicia, e outra vez máis a "PINZA" entre PP e PSOE, cada día que pasa e máis evidente, poñendose de acordo para unha comisión de investigación, cobrando claro, sobre o asfaltado Solláns-Luou.

O Sr. Janito, que volve a exercer, "oficialmente", de portavoz dos Socialistas de Teo, pero... ¿cando deixou de ser portavoz do grupo?. Patochadas "marca Leis" aparte, gustariame dicir que o Sr. Janito, ven orquestando unha campaña de aforro económico, intentando destituir do cargo a concellais, que exercen mellor que ben o seu cargo, cando outros simplemente cobran por estar ou non estar, según pase o autobus ou non. Dicir que hai que investigar unha obra, porque saiu máis barata do que se dixera nun primeiro momento...¿iso non é aforrar carallo?

Cando aforran, porque aforran, cando gastan, porque estamos en crise... que máis decir, é Jano Leis. Pero o que máis me crispa, e que grazas a esta comisión, paso por caixa, poderiamos perder unha subvención de 70.000 €, nin máis nin menos, pero coma estamos en crise, sobrannos os cartos, claramente.

En definitiva, que o Sr. Janito, según se levante da cama polas mañáns, pensa unha cousa outra, fai un cousa ou outra, decide unha cousa ou outra, e claro, todolos teenses non deberíamos pagar as suas neuras mentais.

Saúdos socialistas a tod@s.

0 C O M E N T A R I O S:

O administrador do blogue non se fai responsable do contido das opinións publicadas polos internautas.
Así, os espazos de participación constitúen un medio de comunicación pública e non privada, e as mensaxes dos lectores non corresponden con nós.