O administrador do blogue non se fai responsable dos comentarios que a xente publica con total libertade

22.5.09

"Este partido se juega Europa"



"Este partido se juega Europa", así de contundente e a frase socialista para esta campaña que iniciou onte a campaña electoral de cara as eleccións europeas do vindeiro 7 Xuño.

Unha bonita frase, para comenzar esta campaña que agora mesmo e polo que din as enquisas están moi igualadas, por eso precisamos da vosa asistencia as urnas, para demostrarlle ao señor Mayor Oreja, que España non o quere, e en cambio, si queremos a LOPEZ AGUILAR

Como sempre, dende TSSDT, pedimosvos a tod@s a vosa asistencia as urnas, para seguir facendo un gran partido, como e o PSOE, e tapar moitas bocas de todos aqueles que lle votan a culpa da crise economica ao sr Zapatero, que aínda que por degracia que esa crisis existe, e unha crisis a nivel mundial, pero non e solamente a culpa do noso Presidente o señor Zapatero.

Aproveito a ocación para contestarlle a todos eses anónim@s que me preguntan pola páxina socialista de Teo, TSSDT non sabe o motivo polo que se cerrou esa páxina, e polo tanto tampouco temos nada que ver nesa censura, aínda que dende aquí animamosvos a tod@s que sigades escribiendo e dando a vosa opinión, o debate político sempre foi o obxectivo de esta páxina, e seguirá sendo por moito tempo.

¡¡¡¡Todos a votar o 7 de xuño!!!!

¡¡¡¡Todos a Europa con López Aguilar!!!!

¡¡¡¡Todos a Europa co PSoe!!!


Deixovos o enlace para que entredes na páxina socialista.
http://www.estepartidosejuegaeneuropa.com/

8.5.09

¿QUE PASOU COS BLOGUES DE TEO?


Supoño que será a primavera, quizáis este calor, ou o mellor a vagancia, o que nos leva a que nestes últimos días os blogues de Teo anden tan parados, cousa rara, xa que anteriormente no paraban de botar fume....

TSSDT incluese nesta liña, xa que estos días non puiden actualizar a páxina, pero intentaremos mantermos informados de todo.

Imaxino que tamén se van esgotando as ganas de loitar por un partido morto e destrozado en Teo, quizais e normal pero dende TSSDT queremos decirvos a todos os que estades tan contentos por que x non hai "guerra" nos blogues, que nos seguiremos informando, e intentando facer o noso foro político, como fixemos hasta hoxe.

E posible e ademáis e verdade, que todos estamos xa cansos e fartos de loitar por un partido, cunhas siglas marabillosas como e PSOE!! pero que está estancado, e non hai imaxe de ningún cambio nel, pero tamén e verdade que TSSDT, fixo algo bó para o concello de Teo, que é "conseguir" que Jano Leis non conseguise o seu obxectivo de gañar as eleccións e facerse coa alcaldía.


Ademais invitamos ao famoso "sector critico" a que nos manteñan informados, das suas andanzas, xa que tampouco temos noticias suas ultimamente.

Todos sabemos moi ben a importancia que ten internet e os foros políticos (como este) na actualidade por eso pensamos que todavía e posible un cambio na secretaría xeral en Teo, e ese será o día no que está páxina chegue ao seu fin, esto vai dedicado a eses comentarios anónimos que piden a destrucción desta páxina, xa que ainda que moitos pidan a destrucción desta páxina, tamén hai moitos que nos apoian e apoiaron dende o primeiro día, por eso creo e crein dende un primeiro momento que o obxectivo desta páxina e un foro político e o abandono de Jano Leis, polo tanto ata que ese día chegue aquí haberá cabida para todos os que queiran opinar

Creo que poido presumir de que esta páxina ten moitas visitas, moitos comentarios e unha páxina de gran relevancia en Teo, para os afins a Jano Leis, e os contrarios a Jano Leis.
E unha páxina na que non censuramos opinións (si insultos, porque os insulton non levan a nada e non e o obxectivo desta páxina) pero ainda que sexan opinións contrarias a miña NUNCA SE CENSURARON! Creo no debate, creo na liberdades de expresión, e sobre todo creo NAS SIGLAS DO PSOE!! outra cousa será creer en Jano Leis.

Por ultimo dende TSSDT pedimos, que os blogues de Teo sigan actualizados, xa que e unha pena entrar neles e ver que as ultimas entradas están dende marzo ou Abril.

Sres administradores/as de "defensordaxentedeteo" "desbloquearteo" "osmentirososcompusivosvisitanopsicologo" e "lacomarcal", pedimosvos colaboración e así mesmo que non abandonedes esa boa liña que mantivechedes dende sempre

1.5.09

PATXI VAZQUEZ O NOSO SECRETARIO XERAL!!


Bueno como tod@s sabedes Patxi Vazquez é o novo secretario xeral dos socialistas galegos.
Foi elexido, trala marcha do anterior presidente da Xunta, Emilio Perez Touriño...Dende TSSDT e seguindo na nosa línea de sempre queremos desexarlle o mellor, para esta etapa longa e dura que nos espera co sr. Feijóo.

Tamén esperamos que as vindeiras eleccións do 7 de Xuño, O pobo español vaia a votar, e así poder demostrarlle o noso presidente ZP que a pesar de todo o que se diga por ahí, estamos e estaremos con el.

Tamén desexamos que o novo secretario Xeral dos socialistas galegos,o sr. Patxi Vázquez mire algo polo noso concello, Teo, un concello que segue sumiso nun pozo profundo, coa presenza do sr. Jano Leis, así que dende TSSDT, reclamamos outra vez a marcha de Jano Leis, así como parte do seu equipo, para poder empezar a traballar por un partido que ten as suas siglas heridas no seno Teense.

Dende aquí mandarlle ánimo, tamén o "sector critico" de Teo, que xa fai días que non saen a prensa, polo que dende TSSDT esperamos ansiosos a nova exclusiva

¡¡¡TOD@S CON PATXI!!!

¡¡¡ TOD@S CON ZP!!!

¡¡¡JANO DIMISIÓN!!!!

9.4.09

II Festa da Xuventude en OZA

31.3.09

Tio Jano...

26.3.09

Telenmenda Express

Pois vexades o porque da montaxe, soamente fai falta ler a prensa de hoxe, sobre todo o que aconteceu no pleno de onte, na que o Sr. Leis dictoulle ao seu querísimo amigo da alma, o Sr. Parajó, unha enmendiña para el soliño (e sen doble de queixo)...


Como sempre...

¡DE VERGONZA!

21.3.09

Jano Leis, ¡O MILAGRE ANTIGRAXA!


O blogue oficial do PSOE de Teo, ven de borrar unha entrada do seu blogue titulada "CONTRA O INTENTO DE "GOLPE DE ESTADO" NO PSOE DE TEO", e na que se podía ler claramente que eran os militantes de Teo os que contestaban ao sector crítico, cando nos sabemos de boa tinta que o administrador do blogue é o Sr. Leis.


Pero o que verdadeiramente ocorre é que o Sr. Leis, contesta no blogue representando a tódolas militantes, autodefendéndose a si mesmo e acusando de GOLPISTAS aos que discrepan da súa xestión á fronte do partido, pero isto xa non nos sorprende porque é o modus operandi do blogue oficial. O que sorprende realmente e que a entrada fose eliminada a "GOLPE DE ESTROPAJO", de un día para outro, sen motivos aparentes, pero podimos ler comentarios de tipo:

"Se eses do sector crítico chegan ao PSOE, rompo o meu carné de militante"

"Coma algún personaxe destes chegue a executiva, doume de baixa mañán mesmo"

Leendo este tipo de comentarios podemos apreciar a verdadeira devoción sectaria que teñen os militantes janistas polo seu deus, o Sr. Leis, e o seu pouco respeto polas siglas do PSdeG-PSOE e dos seus carnés. Non sei, pero a min pareceme vergoñento que un militante chegue a dicir que vai romper o seu carné. Xa sabemos ou se está co Sr. Leis ou con ninguén.

Tamén se dicía nesa entrada SUPRIMIDA, que non se lle chamou BUITRE á cara a Fidel Martín (portavoz de Sector Crítico), cando todos sabemos que si que se lle chamou, e está a grabación da asamblea para poder corroboralo, se alguén ten algunha dúbida. Sr. Leis lembrolle que non mesture o touciño coa velocidade, xa que as entradas e comentarios de TSSDT, non teñen nada que ver coas declaracións do Sector Crítico, nin do BNG, nin pallas mentais, desas que se fai vostede.

Desa entrada podemos quitar perlas tales como "con todas as máis viles e miserables artimañas facer demitir ao secretario xeral", "os golpistas, que se autotitulan voceiros dos militantes socialistas", "Clavan un puñal pola espalda ao partido", "Aquí trátase dunha evidente confabulación utilizando a certos militantes teledirixidos (non se precisa ser moi listo para saber por quen...)"...

E coma colofón o Sr. Leis di:

"OS/AS MILITANTES DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE TEO DICIMOS BEN ALTO E CLARO QUE NON ACEPTAREMOS QUE SE SUSTITÚA A NOSA DECISIÓN LIBRE E DEMOCRÁTICA POR AQUELES QUE NON NOS REPRESENTAN.

NON AO INTENTO DE "GOLPE DE ESTADO" NO PSOE DE TEO!

POLA LIBERDADE, POLA DEMOCRACIA INTERNA, CONTRA OS GOLPISTAS DE DENTRO E DE FÓRA: BASTA XA!"

Por último comentarlle tamén que nos conte ¿en cantas ocasións presentou vostede a dimisión?, ¿en cantas asambleas vostede presentou a dimisión? e por último dicirlle que se non quere seguir á fronte do partido...