jueves, 18 de septiembre de 2008

Disculpas dende TSSDT

Boas Noites!

Por problemas persoais durante estes días non puiden atender a páxina, agora que acabo de chegar atopome con que diversas persoas insultan a fan acusacións graves contra Sandra Riveiro,Pilar Río,Manuel Tallón..(entre outros) por motivos de diversa índole, e por suposto ,ainda que non teño a obriga de actuar como moderador, xa que dende un principio dixen de nunca borrar ou censurar comentarios coma fan no blogue janista, nesta ocasión véxome na obriga de protexer a certas persoas polos comentarios vertidos e por ese motivo se suprimiron ese tipo de comentarios ofensivos para algunhas persoas.


Aínda que cadaún e responsable dos seus escritos desde TSSDT quero deixar ben claro que non se van permitir insultos a ninguén..esta e unha páxina que se fixo co obxectivo de que esas persoas descontentas coa política de Jano Leis poidan ter aquí un lugar para expresar as suas opinións e ideas,pero repito EN NINGÚN CASO INSULTAR E CALUMNIAR...


Así que a partir de agora os comentarios que se consideren ofensivos e calumniosos se queren que sexan publicados, que por favor cada un se identifique con nome e apelidos.


Moitas grazas pola vosa compresión e desde aquí pido desculpas a Manuel Tallón Sandra Riveiro Pilar Río e a Familia Portela.... por se algunha vez se sentiron calumniadas coas opinions vertidas por certas personas no meu blogue, pero deixando claro, que eu, o administrador, non teño nada que ver cos comentarios publicados.

E esperando que todos cambien a sua actitude, vos saúda atentamente,

O administrador deste blogue.

0 C O M E N T A R I O S:

O administrador do blogue non se fai responsable do contido das opinións publicadas polos internautas.
Así, os espazos de participación constitúen un medio de comunicación pública e non privada, e as mensaxes dos lectores non corresponden con nós.