lunes, 15 de septiembre de 2008

Comentario de Pilar Rio

Ultimamente vense verquindo comentarios dende o entorno dos janistas de Teo, contra veciños do concello, e máis exactamente contra ex-militantes janistas coma Germán Conde, Manuel Tallón, os Portela, Modesto Fernandez e tamén a, traballadoras do Concello, tódolos políticos e un largo etcétera...

Nestes últimos días viñase atacando á muller dun ex-concellal e ex-militante janista de Teo, incluindo a seu home e a Tallón, mentendo tamen polo medio a Parajó... O odio continua reinando dentro destes individuos, que en vez de mirar que ocorre actualemente dentro do partido, continuan atacando a aqueles que expulsaron da secta janista, vamos que continuan loitando contra a pasado do partido.

Darlle a noraboa a Pilar Río pola sua valentía e polas sua palabras. A continuación o comentario.

¡Hola! Son Pilar Río, vivo en Fixó, Calo dende hai 21 anos. Tamén son militante do PSOE. O meu home é Germán Conde, ex concelleiro socialista e natural de Teo, o mesmo que a meirande parte dos seus antergos. Non adoito presentarme como a muller de ninguén, pero neste caso non quero que haxa ninguna dúbida sobre a miña identidade. Hoxe 14 de setembro de 2008 escribo por primeira vez nun blogg, polo tanto tódalas autorías de comentarios que se me veñen atribuíndo, vertidos nos distintos medios SON ABSOLUTAMENTE FALSAS. Nunca escribín una soa liña neste blogg nin en ningún outro, e se alguna vez sentín ganas de facelo, xamais me agocharía detrás dun seudónimo, nin moito menos baixo un epígrafe de “anónimo”. Unha das características da miña persoalidade é que eu sempre falo cara a cara. Algunhas das persoas ás que se alude nun comentario no que se me chama “Pilarica”, hipocorístico diminutivo de raíces mañas co que nunca se me apodou (alomenos na miña presencia) e coas que, segundo se cita, perdín a amizade, poderán testemuñar o que veño de manifestar. Aclarado este punto, paso a explicar outras cuestións. En primeiro lugar, recoñezo que eu fun “janista” (… ata que tiven que deixar de selo), non o nego e así o dixen públicamente. O que non dixen é que non fose socialista, porque é mentira: son socialista dende os 16 anos (aínda que con carnet dende hai pouco tempo) e seguirei séndoo toda a miña vida, libre de alucinacións, as que, felizmente de momento non padezo. Quen sí debe padecelas é a persoa que afirma terme visto na festa de Música na noite, porque non posuíndo o don da dobre ubicuidade, como non posúo, difícilmente podería estar eu alí cando nin siquera me atopaba en Galicia nesas datas. Ergo, nin eu vin a ninguén, ni ninguén puido verme a min.

Outra das miñas características é que non son “clasista”. Aprezo ou desprezo ás persoas pola súa catadura moral, polas actitudes ou, mesmo, polas opinións propias, pero NUNCA POLA SÚA PROFESIÓN. Entre as miñas amizades atópanse persoas das chamadas “distintas clases sociais” e eu síntome particularmente orgullosa de todas e cada unha delas. O traballo que desempeñe cada un na vida non forma parte dos meus obxectivos á hora de seleccionar a quen lle ofrezo (e recibo) a amizade. Tamén desto que estou declarando pode dar testemuña ese grupo de persoas ás que me referín antes.
Para finalizar quero aclarar (porque me dá a gana) que o Sr. Parajó nunca estivo na miña casa (el mesmo pode confirmalo) nin para tomar café nin para ningunha outra cousa. Quizáis un día destes o inviterei, non sei se aceptará ou non, pero eso xa o decidiremos nós. Quen con seguridade sí estiveron son algunhas desas persoas que, subrepticiamente, ocultas no anonimato ou cun alias, me insultan e tentan descalificarme sen ter outro motivo que o rancor e a falla de outras metas na vida distintas ao asentamento da lealdade.
Esta foi, repito, a miña estrea nun blogg. Posiblemente sexa tamén a última.

14 de septiembre de 2008 17:15

0 C O M E N T A R I O S:

O administrador do blogue non se fai responsable do contido das opinións publicadas polos internautas.
Así, os espazos de participación constitúen un medio de comunicación pública e non privada, e as mensaxes dos lectores non corresponden con nós.