martes, 5 de julio de 2011

UNHA VEZ MAIS!! NUNCA NOS CANSAREMOS DE DECILO... SOMOS INOCENTES

Aquí vos deixo outra noticia relacionada coa sentenza...

http://www.tierrasdesantiago.com/index_3.php?idMenu=321&idNoticia=684198

¿QUE SOMOS EN TSSDT?

- SOMOS INOCENTES!!!

- SOMOS LIBRES!!!

- SOMOS PERSOAS QUE DEBATIMOS EN FOROS POLÍTICOS SEN CHEGAR A MAIS
- SOMOS SOCIALISTAS

- SOMOS O BLOGUE QUE VOS AXUDAMOS A PERDER UNHAS ELECCIÓNS

- SOMOS ESES QUE NOS QUERÍADES DESTRUIR, E ISO FAISE DOUTRA MANEIRA, NON NUN XUIZO..

¿QUE NON SOMOS, E NON QUEREMOS EN TSSDT?

- NON SOMOS PERDEDORES DE NINGÚN XUIZO 

- NON QUEREMOS LIMPAR A NOSA HONRA CON 30.000 € 

- NON QUEREMOS 3 ANOS DE CARCERE PARA NINGUÉN!!!

- NON QUEREMOS SENTAR A NINGUÉN NO BANQUILLO, POR UNHA PATALETA

- NON QUEREMOS TER NINGUNHA FINCA RECALIFICADA
- NON RECURRIMOS NINGUNA SENTENZA

- NON PERDIMOS UNHAS ELECCIÓNS EN TEO

- NON ESTAMOS ACABADOS COMO PERSOAS EN TEO

- NON QUIXEMOS A JANO COMO POLÍTICO EN TEO, E CONSEGUIMILO PERO SEMPRE BAIXO A DEMOCRACIA DAS ELECCIÓNS.

Estas son as grandes diferenzas entre TSSDT e os Ex-concelleiros , e con esto xa se sabe de que pé coxeamos cadaquén.

Todos sabemos que Roma non se conquistou en dous días, foron moitos anos pero aquí está a nosa recompensa, mais nada... SOBRAN AS PALABRAS


Gracias a tod@s por este apoio incondicional nestes meses

Saúdos

TSSDT

7 C O M E N T A R I O S:

Anónimo dijo...

Ahí va un chiste..
¿En que se parece Jano Leis a la cerveza San Miguel? en que a DONDE VA TRIUNFA!!

Anónimo dijo...

Pois si k son diferenzas pero nunca vos confundimos. Noraboa TSSDT!!!!!

Anónimo dijo...

E se vós sodes INOCENTES, onde están os CULPABLES?, ¿non terá que pagar alguén? e falando de pagar quen pagou as costas do xuizo por parte dos querelantes?, o partido?, o soldo de Sandra?, os militantes?, e sobre todo pensan devolvelo?

Anónimo dijo...

Saúdos a tod@s.
Hoxe temos un día triste.
Son de Luou , nacín e vivo na aldea de Caxade , son de TEO
Hoxe quero ter unha lembranza para unha muller de ezquerdas, unha muller culta e loitadora, unha persoa defensora das liberdades , da cultura, do deporte , da musica , do teatro, en fin ...
Compartin con ela en vida opinions, discusions, pero sempre nos tivemos cariño e respeto, fomos amigos aínda que non compartíamos credos políticos.
A veciñanza de Teo debe ter sempre na súa memoria o que esta boa muller loitou , non somente por Calo ,senon por todo Teo.
Compre pois, a min como persoa vencellada o mundo do deporte, ciclismo, lembrala como unha pérdida inoportuna,antes de tempo.
Marisa, en donde te atopes, hai un veciño de Teo, nado na aldea de Caxade,de Luou, chamado Manolo Tallón que che desexa que no outro mundo sigas sendo o que foches : unha loitadora, boa persoa e comprometida ca cultura, co progreso, cas libertades e ca amizade.
Unha aperta para os teus fillos e filla, e outros familiares e por suposto o teu compañeiro e home Florencio.
Teo ta de loito, grande pérdida
Con agarimos
Manolo Tallón
Ex-Concelleiro do PSG de TEO

Anónimo dijo...

a verdade e que resulta asqueroso que toda esta xente, siga estando no partido ¿non pensan marchar? ¿que mais lles ten que pasar para que emigren do partido socialista de teo?

Anónimo dijo...

Alegrádenos estes tristes días cun vídeo protagonizado por janito e sandriña.

Anónimo dijo...

Moi boa definición de concepto TSSDT, esta son as cousas que fan que o partido socialista a día de hoxe esté de copa caída; Por sorte para moitos e por desgracia para os socialistas.

O que está a acontencer en Teo, e algo inexplicable; 1 só concelleiro (por certo non coñecida por ninguén), un partido totalmente a "intemperie", una sede comarcal que non fai nada para logralo cambio, e un Jano Leis na sombra de todo esto.

Amigos e amigas, esta e a dura pero realidade de Teo; pola contra temos a un BNG triunfando co seu líde Martiño a cabeza, e mentras nós, os socialistas enchendonos de merda.

Sinceramente, totalmente de acordo contigo TSSDT, pero moi aborrecido do que acontece neste partido e sobre todo neste concello, por nós, os socialistas estamos fartos dun político como Jano Leis que só sabe, perder eleccións, e que o peor de todo; NON SABE RECOÑECER QUE O POBO TEENSE NON O QUERE.

O administrador do blogue non se fai responsable do contido das opinións publicadas polos internautas.
Así, os espazos de participación constitúen un medio de comunicación pública e non privada, e as mensaxes dos lectores non corresponden con nós.