martes, 24 de mayo de 2011

O AFUNDIMENTO DO PSOE TEENSE E DO SEU LIDER

Hoxe 23 de maio de 2011 é o día D e a hora H, en que Jano leis se afunde na mais absoluta misería, o pobo falou e fíxoo alto e claro,expresando do único xeito posible o rancor e o odio que se respira por todolos recunchos Teenses hacia o  Sr. Jano Leis;

As escusas, as enquisas, as hipóteses as frases tipo "o que puido ser e non foi" "brindamos o noso apoio ao Bng " todo isto rematou, e rematou do xeito mais tráxico para o socialismo teense, un partido absolutamente roto e morto, acoitelado polo seu líder Jano Leis, Deste xeito expresaban os seus desexos os veciños de Teo, querendo dicir alto e claro JANO LEIS MARCHATE DE TEO!

Como dixen anteriormente non valen escusas, non valen enquisas non vale dicir que isto é produto da perda de moitos concellos socialistas, non vale nada señores, A DURA REALIDADE PARA os que nos sentimos socialistas está enriba da mesa... JANO LEIS BATE O RECORD HISTORICO DE VOTOS NEGATIVOS EN TEO, este debería ser o titular de moito periódicos de prensa, por que realmente o que aconteceu en Teo é un verdadeiro DESASTRE NATURAL.

Os que perderon as alcaldías quizais caso de, alcaldes como Carlos Fernandez en Ames, Bugallo en Santiago e mesmo no concello da Coruña, podemos dicir que se pode deber a dúas situacións; Quizais eles tampouco o fixeron de todo ben, e quizais están a pagar a crise económica, diso non teño ningunha dúbida ao respecto, pero como se adoita dicir para poder perder primeiro hai que gañar, e o partido socialista en Teo, nin nunca gobernou, nin creo que o fago por moito tempo, polo que aquí non é que se perdese unha alcaldía, NON, aquí perdeuse o que moita xente e moitos militantes loitaron con uñas e dentes para intentar conseguir, e a día de hoxe se senten desbocados de ver como esta agrupación botou o traballo de moita xente pola borda.

Outro punto que me gustaría aclarar e que nin TSSDT, nin outros blogs de Teo naceron co obxectivo de falar do que pasa arredor, é dicir, aquí estamos para falar de Teo e en especial de PARTIDO SOCIALISTA DE TEO, non nos enganemos, e non queiramos tapar o burato de TEO con comparacións absurdas que non teñen nin punto de comparación.

A miña humilde opinión e o que levamos trasmitiendo dende hai 4 anos, é que JANO LEIS E TODA a SÚA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DEBE DIMITIR, E FACELO AGORA, non hai tempo para esperar, quizais outr@s queiran revivir un partido ensanguentado dende que foi parar ás mans de Jano Leis

Amigo Leis "ROMA NON PAGA TRAIDORES" e ti tes feito moitas, moitas moitas, tantas que serían incontables e o pobo decidiu, e como TSSDT dixo en innumerables ocasións AS ELECCIÓNS GÁÑANSE NAS URNAS, PERO NAS URNAS DE TEO,NON NAS URNAS DA GAITEIRA.. Si é verdade e todos somos conscientes de que na Gaiteira gañalo todo, mesmo un desfile de modelos se nos poñemos, pero con dicir que es un candidato elixido por maioría absoluta non se gañan unhas eleccións; 

Ademais unha maioría absoluta de quen? Da tua "pandi" de 20 amigos que van aí para votar? E todos aqueles que dun ou doutro xeito apartaches da militancia socialista? Eses non creo que che queiran nin ver en pintura...

Xa contabamos coa historia de que "Teo baixou en número de votos debido á crise socialista" " Isto é froito da decadencia do partido socialista" e frases similares, pero isto léase como se lea só hai unha cousa que dicir; Si o Psoe baixase de 4 concelleiros a 3, poderiamos botalo a culpa á crise, pero este SEÑOR BATEU RECORDS, QUEDANDOse TAN SÓ UN UNICO CONCELLEIRO, isto non pasou nin nos peores momentos deste partido, cando aconteceu o tema de Parajó...

Pero 3 concelleiros que se van hai que facer méritos e moitos para perdelos... eles mesmos mesmo saben que é unha derrota en toda regra posto que os 1600 votos que o PSOE perdeu o recuperounos o BNG, e proba diso esque na noite electoral ás 23.30 da noite xa tiñan a sede pechada.
É momento de reflexionar, e de reflexionar sobre Teo, Sobre outros concellos xa reflexionaran os que lles toquen, polo que TSSDT PIDE PUBLICAMENTE Y UNHA VEZ MAIS A DIMISIÓN DO SECRETARIO XERAL DE TEO.

A continuación o sono de moitos teenses feito realidade; JANO LEIS DERROTADO E MARTIÑO GANA A MAIORÍA ABSOLUTA.

Os nosos máis sinceiros parabéns ao goberno do BNG, por alcanzar estes resultados, aínda que lamentamos profundamente as perdas de concellos importantes como Santiago ou Coruña.

Mañá máis e mellor.

Saúdos TSSDT

Edito: Actualizado a entrada anterior cos datos electorais 2011 de tódalas mesas do Concello de Teo

7 C O M E N T A R I O S:

Anónimo dijo...

Sois tan falsos como para decir que sois socialistas y aparte de la situación de Teo lamentais la pérdida del BNG en Coruña y Santiago.

Anónimo dijo...

Colle a maleta e marcha para A Estrada Jano, en Teo non te queremos.

Anónimo dijo...

Sabedes algo do k se falou onte nesa mesa de reflexión do psoe teense? tivo k ser bárbaro. os críticos, ou parte deles, non sei, estabma brindando e rindo a caracajadas.

Anónimo dijo...

MARCHÓ YA JANITO?

Anónimo dijo...

Losada, renuncia a tras perderla alcaldía de Coruña, ¿Para cando a renuncia de Jano Leis?

Anónimo dijo...

Me da verguenza tener un representante socialista como Jano largate de una p_ _ _ _ vez de Teo, que eres odiado por TODOS

noticiasdeteo.blogspot.com dijo...

Ultima hora:
Jano Leis, dimite.
Léelo en
Noticiasdeteo.blogspot.com

Saludos.

O administrador do blogue non se fai responsable do contido das opinións publicadas polos internautas.
Así, os espazos de participación constitúen un medio de comunicación pública e non privada, e as mensaxes dos lectores non corresponden con nós.