O blogue oficial do PSOE de Teo, ven de borrar unha entrada do seu blogue titulada "CONTRA O INTENTO DE "GOLPE DE ESTADO" NO PSOE DE TEO", e na que se podía ler claramente que eran os militantes de Teo os que contestaban ao sector crítico, cando nos sabemos de boa tinta que o administrador do blogue é o Sr. Leis.
Pero o que verdadeiramente ocorre é que o Sr. Leis, contesta no blogue representando a tódolas militantes, autodefendéndose a si mesmo e acusando de GOLPISTAS aos que discrepan da súa xestión á fronte do partido, pero isto xa non nos sorprende porque é o modus operandi do blogue oficial. O que sorprende realmente e que a entrada fose eliminada a "GOLPE DE ESTROPAJO", de un día para outro, sen motivos aparentes, pero podimos ler comentarios de tipo:
"Se eses do sector crítico chegan ao PSOE, rompo o meu carné de militante"
"Coma algún personaxe destes chegue a executiva, doume de baixa mañán mesmo"
"Coma algún personaxe destes chegue a executiva, doume de baixa mañán mesmo"
Leendo este tipo de comentarios podemos apreciar a verdadeira devoción sectaria que teñen os militantes janistas polo seu deus, o Sr. Leis, e o seu pouco respeto polas siglas do PSdeG-PSOE e dos seus carnés. Non sei, pero a min pareceme vergoñento que un militante chegue a dicir que vai romper o seu carné. Xa sabemos ou se está co Sr. Leis ou con ninguén.
Tamén se dicía nesa entrada SUPRIMIDA, que non se lle chamou BUITRE á cara a Fidel Martín (portavoz de Sector Crítico), cando todos sabemos que si que se lle chamou, e está a grabación da asamblea para poder corroboralo, se alguén ten algunha dúbida. Sr. Leis lembrolle que non mesture o touciño coa velocidade, xa que as entradas e comentarios de TSSDT, non teñen nada que ver coas declaracións do Sector Crítico, nin do BNG, nin pallas mentais, desas que se fai vostede.
Desa entrada podemos quitar perlas tales como "con todas as máis viles e miserables artimañas facer demitir ao secretario xeral", "os golpistas, que se autotitulan voceiros dos militantes socialistas", "Clavan un puñal pola espalda ao partido", "Aquí trátase dunha evidente confabulación utilizando a certos militantes teledirixidos (non se precisa ser moi listo para saber por quen...)"...
E coma colofón o Sr. Leis di:
"OS/AS MILITANTES DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE TEO DICIMOS BEN ALTO E CLARO QUE NON ACEPTAREMOS QUE SE SUSTITÚA A NOSA DECISIÓN LIBRE E DEMOCRÁTICA POR AQUELES QUE NON NOS REPRESENTAN.
NON AO INTENTO DE "GOLPE DE ESTADO" NO PSOE DE TEO!
POLA LIBERDADE, POLA DEMOCRACIA INTERNA, CONTRA OS GOLPISTAS DE DENTRO E DE FÓRA: BASTA XA!"
Por último comentarlle tamén que nos conte ¿en cantas ocasións presentou vostede a dimisión?, ¿en cantas asambleas vostede presentou a dimisión? e por último dicirlle que se non quere seguir á fronte do partido...
¿PORQUE CARALLO NON DIMITE DE VERDADE, E DEIXA PASO Á RENOVACIÓN DO PARTIDO?
Pd. Mirade a entrevista que realizou un colaborador do blogue a SantiagoSiete
http://www.santiagosiete.es/articulo/2009/12/responsable-blog-anti-jano-leis-hablo-santiagosiete
Pd. Mirade a entrevista que realizou un colaborador do blogue a SantiagoSiete
http://www.santiagosiete.es/articulo/2009/12/responsable-blog-anti-jano-leis-hablo-santiagosiete
0 C O M E N T A R I O S:
Publicar un comentario