
Un día, decidiu que sería boa idea divertirse a costa da xente do pobo que había por alí preto. Achegouse e empezou a berrar:
- Socorro! O lobo! Que vén o lobo!
A xente do pobo colleu o que tiña a man e correndo foron a auxiliar ao pobre pastorciño que pedía auxilio, pero cando chegaron, descubriron que todo fora unha broma pesada do pastor. E enfadáronse.
Cando se foron, ao pastor fíxolle tanta graza a broma que pensou en repetila. E cando veu á xente suficientemente lonxe, volveu berrar:
- Socorro! O lobo! Que vén o lobo!
As xentes do pobo, a volvelo a oír, empezaron ás presas outra vez pensando que desta vez si que se presentou o lobo, e que realmente estáballes pedindo axuda. Pero ao chegar onde estaba o pastor, atopárono polo chan, rindo de ver como os aldeáns volveran a auxilialo. Esta vez os aldeáns enfadáronse aínda máis, e marcharon terriblemente anoxados.
Á mañá seguinte, o pastor volveu a pastar coas súas ovellas no mesmo campo. Aínda ría cando recordaba correr aos aldeáns. Pero non contou que, ese mesmo día, viu achegarse o lobo. O medo invadiulle o corpo e, ao ver que se achegaba cada vez máis, empezou a berrar:
- Socorro! O lobo! Que vén o lobo! Vaise comer todas as miñas ovellas! Auxilio!
Pero esta vez os aldeáns, que aprenderan a lección o día anterior, fixeron oídos xordos.
O pastorciño viu como o lobo abalanzábase sobre as súas ovellas, e berrou cada vez máis desesperado:
- Socorro! O lobo! O lobo! - pero os aldeáns continuaron sen facer caso.
É así, como o pastorciño viu coma o lobo comíase unhas cantas ovellas e levaba outras para a cea, sen poder facer nada. E arrepentiuse no máis profundo da broma que fixo o día anterior.
Decirlle dende aqui, Sr Jano Leis, que deixe de mencionarnos, escribindo comentarios no seu blogue, porque ainda que non nos poña o DNI coma facía antaño, xa sabemos que é vostede quen administra o blogue, e o que escribe e censura os comentarios.
Nos non boicoteamos o programa e as candidaturas do PSOE, nin do PSdeG-PSOE, soamente imos en contra dos seus absurdos programas cheos de odio e rancor e das súas burdas candidaturas cheas de xente que non vale un peso, pero que sabe levantar a man; vamos, que imos en contra de todalas ideas que saian da súa ilustísima e catedrática cocorota.
¿Para que propoñer un candidato?, ¿para que presentar un programa?, ¿para que presentar unha alternativa?... Soamente temos que esperar, porque xa está acabado, vostede e os seus magnánimes seguidores, que irán con vostede ata o borde do precipicio, pero non estea tan seguro de que salten todos con vostede.
E por último comentarlle que ese “VOTAR MARTIÑO PARA SALVAR AO PSOE”, xa o fixeron outros socialistas antes que nos, e vostede, en primeira persoa, sabeo millor que ninguén, ou ¿a quen votou vostede para non votar ao Secretario Xeral do PSOE de Teo, Manuel Parajó?, ¿non votou vostede, nin solicitou o voto para Martiño?, ¿é do BNG entón?... Conteste, conteste...
Cale home, cale, que ainda lle vai vir o lobo de verdade.
0 C O M E N T A R I O S:
Publicar un comentario