O Concello de Teo prevé obras, con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL), que priorizarán o investimento en servizos básicos, sobre todo saneamento e rede viaria. Tamén se espera poder realizar obras en todo o termo municipal. O Concello de Teo pode recibir do Fondo un total de 3.086.852 euros e as solicitudes pódense realizar ata o próximo 24 de xaneiro.
O grupo de goberno aprobou na Xunta de Goberno Local do 29 de decembro a listaxe de obras que incluirá neste plan. Unha vez cumprido este trámite a partir de mañá encargaranse os proxectos e as memorias valoradas para realizar as solicitudes diante do Ministerio de Administracións Públicas. Segundo explica o alcalde “nalgúns casos xa existe o proxecto técnico redactado polo que a solicitude diante do Ministerio será inmediata”.
Martiño Noriega destaca que a proposta de actuación recolle “necesidades urxentes do Concello compatibilizado con investimentos dotacionais e de servizos básicos que serían difíciles de asumir só con fondos propios”. Entre as obras destaca o investimento que se realizará en saneamento e rede viaria sobre todo na zona rural e actuacións nalgunhas rúas da zona urbana. Na proposta tamén se buscou “manter un equilibrio territorial con actuacións en practicamente todo o termo municipal” continúa o alcalde.
O grupo de goberno destaca que na proposta municipal “recóllese un 60% de obras propostas nalgún momento polos grupos da oposición xa que se trata de investimentos lóxicos e necesarios”. A Xunta de portavoces reuniuse en dúas sesións este mes para falar de qué obras eran prioritarias para cada grupo.
Entre as obras que xa contan con proxecto redactado e que se incluirán no Fondo destaca a construción dun cemiterio municipal, o acondicionamento do vial Os Verxeis-Oza, do vial Cacheiras-Noenlles-Santa Lucía ou da pista Pontevea-Pazos. Tamén hai proxecto xa do saneamento e abastecemento en Mallos (Teo) e do saneamento en Bustelo (Luou). Dentro deste apartado recóllense outras actuacións como o acondicionamento dun local social na Torre (Cacheiras), actuacións no exterior na escola infantil municipal dos Tilos, ou a colocación dun parque infantil en Parque Montouto (Cacheiras). O orzamento aproximado destas obras estaría ao redor de 1.300.000 euros.
Dentro do acordo da Xunta de Goberno Local acordouse encargar a realización dos proxectos doutras obras de cara a solicitar recursos do FEIL. Entre elas está a reforma integral da rúa Castiñeiro na urbanización dos Tilos. Este deseño será ademais o modelo que se utilizará para as futuras actuacións noutras rúas desta zona.
Aproveitando os investimentos do Fondo instalaranse parques infantís en Calo, Luou, Recesende, Oza e nos colexios de Calo, A Ramallosa, Cacheiras e Pontevea. Trátase de actuacións necesarias xa que case todos os parques infantís municipais están sen adaptar á normativa europea e ademais son equipamentos que crean comunidade e humanizan o entorno. Outra batería de pequenas accións irán encamiñadas a atender o mantemento e a mellora de varios centros escolares, centrándose nas escolas unitarias.
Outras obras que se pretenden acometer con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local é o saneamento en Vilar de Arriba (Calo), a reparación e reposición das aceiras da urbanización Parque Montouto, ou o afirmado e acondicionamento da estrada de acceso ao IES de Cacheiras, da estrada Mosteiro-A Silva (Lampai), das pistas dos lugares do Coto e Reboredo (Bamonde) ou da rotonda das Viñas a Carballal. Tamén se contempla a realización de vestiarios no pavillón da Ramallosa e debaixo das gradas do campo de fútbol de Cacheiras.

¿VÓS QUE OPINADES DO REPARTO?
0 C O M E N T A R I O S:
Publicar un comentario