miércoles, 12 de noviembre de 2008

A asamblea das... ¡ SORPRESAS !

Aqui estamos, chegamos algo tarde, pero xa recollida toda a información, imos detallar o ocorrido na asamblea:

Aqui tendes a noticia de El Correo Gallego, con conta que Jano Leis repite coma secretario xeral, pero se leemos máis atentamente, podemos ler que, Florencio Liñares, historico membro do partido, foille imposible votar na asamblea, depois dunha longa disputa, e portando as domiciliacións bancarias das cuotas do partido, que cousa máis estrana, ¿non vos parece? A min tamén...pero dentro do PSOE de Teo, ser primo de Parajó parece que é delito.

Temos que comentar tamén que as votacións a favor de Jano foron de 33 votos, 5 en contra e 2 abstencións, 40 militantes que exerceron o seu dereito a voto duns 95 militantes no concello de Teo, eu a iso non lle chamaría MAIORIA, chamarialle 1/3 da militancia, que non chega nin a metade... ¡ríome da maioría!

E que máis... ha si tamén dicir, que TROSKY, un comentarista de El Correo Gallego, di que a asamblea socialista, LEVOUSE A CABO 2 SEMANAS DEPOIS DA FECHA LIMITE... ¿esto tampouco e verdade Janiño?, ¿haberá algún problema no PSOE? Podesnolo comentar cando queiras...

Comentar tamén que xa volveu o blogue DEFENSOR DA XENTE DE TEO, depois de pechares en estranas circunstancias, voltou de novo con máis forza que nunca, e ainda que sexamos de ides diferentes alegrome pola sua volta, ainda que nos gustaría saber ¿que motivos motivou o seu peche?.

Este blogue infórmanos que dous ex-membros da executiva local socialista, Yolanda Cerviño e Fidel Martín, que xa non están dentro da mastodóntica executiva (agora de 17 membros) de Jano Leis. Desconocemos e non sabemos os motivos que propiciaron a sua marchar, pero inquietantemente no blogue podemos ler que "as razóns quedan de momento no anonimato". Raro, raro, raro...

Agora temos unha "Vicesecretaria Xeral", que se chama Bettina Estévez... das TEENSES, que agora, polo que parece, estase a converter nunha academia de adestramento de novos membros para a executiva socialista de Teo, pero que imos esperara dunha ASOCIACIÓN SATELITE DOS SOCIALISTAS DE TEO, da cal a sua presidenta, foi nas últimas listas municipais... ¡unha vergonza!.



Eu non poría este titulo, xa que non se corresponde coa realidade, máis ben sería algo así:

OS SOCIALISTAS DE TEO ELIXEN "DEDO"CRATICAMENTE UN NOVO COMITÉ EXECUTIVO MUNICIPAL.

0 C O M E N T A R I O S:

O administrador do blogue non se fai responsable do contido das opinións publicadas polos internautas.
Así, os espazos de participación constitúen un medio de comunicación pública e non privada, e as mensaxes dos lectores non corresponden con nós.