
-Palabras de TSSDT en vermello
JANO LEIS dijo...
Cando un alimenta ao monstruo este remata por devoralo. Exemplos na historia hai abondo. (Iso pasache pasa por desprezar aos militantes, aos veciños, aos teus compañeiros e amigos).
Hai quen de forma taimada e fraudulenta utilizou siglas e símbolos alleas, supostas militancias partidarias, falsos nomes e todo tipo de calumnias e descalificacións ao servizo do propósitos indecentes que o tempo se encargou de pór ao descuberto. (Non sei que se puxo ao descuberto Janito, eu creo, e moita xente cre que o único que se pon ridicualamente ao descuberto eres ti, e os que comentan anonimamente coma portavoces do PSOE de Teo en todolos blogues, e non sempre con boas formas).
Da medida do disparatado e malintencionado dos seus propósitos o feito de que tanto implícita como explícitamente, estes pobres de espíritu non teñen pudor en recoñecer que esa ferramenta non está para fomentar o debate político senón única e exclusivamente para atacar a unha persoa concreta e aos seus compañeiros e compañeiras sen reparar nos medios, con todo tipo de mentiras, inxurias, artimañas e artiluxios lingüísticos que non se caracterizan precisamente pola sua riqueza e calidade expresiva. Mais ben a soecidade reiterativa, pouco imaxinativa e moi limitada de recursos, é o que prima na sua linguaxe o que tamén define a cativeza moral destes personaxes. (A ver Janito, non veñas dando exemplo, cando ti es o primeiro que anda metendo coiteladas polas costas cando a alguén che da espalda. ¿E A VOSA FERRAMENTE QUE? ¿Tamén está para facer o ben polos veciños, atancando a militantes e a traballadores, que son malos co concello, verdade?. Nos non teremos moralidade amigo, pero vostede, non é ningún exemplo a seguir. Aos insultos paso de contestarche, xa vemos a clase que tes).
A espiral da indecencia acadou recentemente límites intolerables cando algún anónimo (que todos sabemos quen é) chegou a publicar gravísimas acusacións directas contra dunha compañeira do Partido Socialista. Non era nada novo. Xa había precedentes en toda unha serie de comentarios que sistemáticamente se viñan publicando nese medio. E noutros, porque os que aparecen baixo diferentes nomes supostos en outras páxinas web, son as mesmas persoas, un puñado de resentidos movidos polo rencor da sua propia e triste soedade. E, como sempre fixeron, porque o experimentamos persoalmente moitas veces, actuaron amparados na cobardía do anonimato. (Coidado amigos e veciños, Jano Leis, falando de rencor, el que é o MISTER DO UNIVERSO DO RENCOR. Decirche que somos moitas persoas as que comentamos, e escribimos, non somos soamente as mesmas persoas, as que nos demos conta a clase de individuo que eres. O que non parece normal, e que cando se ataque a familia Portela, coa que eu non teño nada que ver, por moito que vos empeñedes, xa que o patriarca e militante ¿ALGÚN MEMBRO DO PSOE DE TEO SALIU A DEFENDELO? xa volo digo eu, non, NINGUN. Pero cando se ataca a Sandriña, a tua protexida, á que lle pagabas as cuotas do partido, e cobradora do GORDO do Concello, sales a palestra coma Romeo defendo a Julieta. Encantame que penses que estamos sos, porque non é asi, pero digoche a verdade, PREFERIRÍA ESTAR SO, ANTES DE ESTAR RODEADO DE XENTE QUE SOAMENTE ESTÁ CONMIGO POLO INTERESE, pero bueno cada un ten os seus principios).
Aos Socialistas de Teo non nos fai falla romper moito a cabeza sobre da autoría destes actos inmorais. Coñecemolos perfectamente, porque con algúns lamentablemente tivemos que convivir algún tempo. Sabemos de qué pé coxean, coñecemos as suas debilidades, as suas filias e fobias e hasta podemos identificalos sen a máis mínima posibilidade de erro a través dos seus tics lingüísticos e do seu particular vocabulario. (E eu volvome a preguntar, se sabes que son, ¿Porque continuades preguntando aos veciños e atribuindo este blogue ás persoas que non son?, xa que sodes moi cansinos cando atribuides este blogue aos Portela, cando non teñen nada que ver con él, e apostome contigo o que queiras, se tan seguro estás. E unha pregunta o de "sabemos de qué pé coxean, coñecemos as suas debilidades" non vos soa a ameaza, a min un pouquiño si).
¿Ou é que non non soa a todos o termo "palanganero" e na boca de quen estaba sempre, porque sempre fixo gala dunha proverbial ramplonería terminolóxica e pobre bagaxe expresiva?. (A que vos encanta a forma de chamarlle PARVO a alguén, pero o bo e que soamente o entende el, jajaja).
¿Ou é que nos eran descoñecidas certas informacións, agora distorsionadas e amplificadas con propósitos inxuriantes, no caso das calumnias vertidas contra da nosa compañeira? (¿Pois logo o que se dixo era verdade, pero con modificacións?, pero vos defendede, carallo, defendede, que hai coidar a galiña do ovos de ouro, que coma se lle dea por non darvos nada, a ver que facedes).
Outra cuestión matizadamente distinta é quen está detrás animando e mocvendo os fíos na sombra. Quén é o autor intelectuial deste despropósito. Mais tamén neste caso temos datos abondo para chegar asemade a conclusións moi certeiras. Pero a estes se lles combate doutra maneira. Niso andamos. (Animo Janito quero ver eu o valente que es, xa que tes datos dabondo, dime quen move os fios, xa que dis que somos uns cobardes, porque non e vostede valente. Non creo que atrevastes, es un cobarde, e seralo sempre).
En todo caso, os socialistas non nos imos deixar enganar nin deixarnos levar por reaccións emotivas. Imos, coma sempre, responder con racionalidade e con serenidade a toda esta campaña de difamacións. É decir, practicando aquilo de "non hai millor desprezo que non facer aprezo" e propiciando paralelamente que, en última instancia, sexan as autoridades competentes as que tomen cartas no asunto e depuren as responsabilidades pertinentes. (¿Mandar mensaxes anónimos coa palabra PUTA, é para vostede, responder con racionalidade e con serenidade? Miña nai para o catedrático).
Que non digan que non foron avisados. Hasta nesto actuamos con moita delicadeza e con moita xenerosidade. Pero hai quen lle pode máis o rencor xenerado pola suas propias contradiccións que non se atreve a resolver con coraxe e cun mínimo de dignidade. (Ainda continuo sen ver claro de que avisas, moito BLA BLA BLA, pero pouco aviso).
Se tiveran alternativas políticas sinceras, que non dubiden que neste blog, e noutras instancias, terían unha poerta aberta para expresalas. Pero o que non imos permitir nunca a ninguén, sexa quen sexa e vaia contra quen vaia, é que utilicen este instrumento, nacido para servir a cidadanía, nunha especie de terapia de grupo para saciar os seus odios e combatir os seus complexos e as suas frustracións persoais. Para iso, hai profesionais competentes que lles poden axudar a encontrar o necesario acougo e tranquilidade de espíritu que lles pide o seu corpo. (¡¡¡ACABAS DE DEFINIR O BLOGUE SOCIALISTA E AOS QUE ESCRIBES NEL!!! Non poderías ser tan claro Janito. E recomendoche este [ENLACE], que vexo que ultimamente...).
En fin: a xustiza fará o seu traballo; probablemente a mezquindade e a ruindade da impostura, prisioneiras das suas amarguras, seguerán embadurnandose no seu propio esterco, e, namentras, os Socialistas de Teo ao noso: con humor, con ledicia, con serenidade, con honestidade e con firmeza seguiremos traballando polos nosos concidadáns e pola construcción dunha sociedade máis xusta, máis libre e máis solidaria. (HUMOR=0, LEDICIA=0, SERENIDADE=0, HONESTIDADE=-125. Traballar vemos que traballades, pero con cabeza e non guiados polo odio e polo rencor.).
JANO LEIS (19/setembro/2008) 19/09/08 13:40
Un saúdo a tódolos lectores e comentaristas, sodes os mellores
0 C O M E N T A R I O S:
Publicar un comentario