Un servidor, redactor xefe do blog, xa sabía que o video de Greve Geral ía axiña a causar comentarios dos radicais neonazonalistas, pero precisamente aproveito esta editorial para clarearlles algún conceptos. Gracias aos que se paren a lela.
DO NOSO IDIOMA
O galego non precisa de ser defendido e menos por interesados políticos, só precisa de ser falado, lido e escrito, esa é a mellor forma de amalo e conservalo. Xa é mágoa que certos persoeiros teñan que esperar aos dezasete de Maio para lembralo. O galego hai que cultivalo todolos días. Lonxe de fronteiras ideolóxicas o galego ten un claro dono, é de quen o queira. Inda así moitos intentan apropiarse del, facelo seu e facer de sí unha identidade. Ése precisamente e o gran dano que o neonazonalismo galego capitaneado polo partido político BNG e os seus agoreiros está a facerlle á nosa lingua. As súas políticas de implantación idiomática e desprecio do castelán fan que o galego se engaiole nun espazo limitado ás mentes dos máis intolerantes. Unha lingua sempre medra se é libre porque unha lingua é cultura e cultura é liberdade, para iso compre a convivencia, pluralidade e o respecto.
DO NAZONALISMO
O nacionalismo é unha forma de política que xurde da oposición a un estado moderno, son formas de facer avanza-los intereses das élites, os grupos sociais e os gobernos extranxeiros en contra do Estado. Existe unha idea equivocada segundo a cal o nacionalismo emerxe dun senso cultural da identidade nacional dun povo, poren moitos estudos sociolóxicos teñen demostrado que o nacionalismo é un xeito de crear un senso de identidade para mobiliza-lo apoio popular. Exemplos históricos de ncionalismo son: A oposición nacional de Inglaterra e Francia durante os primeiros tempos modernos. O separatismo dos imperios de Habsburgo e Otomano. O fascismo en Alemania, Italia e Romania. O nacionalismo reformista na China, Xapón e Turquía. Os nacionalismos separatistas escocés, vasco, canadiense, etc... DA NOSA IDEOLOXÍA
Nos non apoiamos a ningún partido político, e menos en Teo tal e como está o panorama. Simplemente defendemos a idea de liberdade, participación cidadán e dirixentes públicos ao servizo da cidadanía. Dentro destes límites compartimo-la existencia de calquera ideoloxía. Este perfil democrático non foi amosado polos últimos alcaldes de Teo, nin Armando Blanco nin moito menos Martiño Noriega. É por iso que na situación actual pedímolo voto para que o Bloque Nacionalista de Teo non goberne os vindeiros catro anos. E cadaquen que baixe as escaleiras como queira, inda que postos a escoller preferimos un goberno de esquerda para Teo.
Gracias a todos i en especial a Lois Pereiro pola túa herdanza inmaterial pero eterna...
"Poesía. Patria. Paixón. Perigo de extinción, perdidos en nosa propia Pureza, da necesidade de ser un Pobo. A nosa indiferenza alimentará o Proceso de autoxenocidio que vivimos. Paisaxes dispersas, aliñados entre os Perfís do Pasado, coa Presenza dunha vexetal sensación de eternidade. Paixón e Poses "punk", reflexos Postmodernos e altas horas nos diques urbáns da noite.". LOIS PEREIRO. Do libro POEMAS 1981/1991 (Edicións Positivas. Santiago de Compostela, 1992).
O administrador do blogue non se fai responsable do contido das opinións publicadas polos internautas. Así, os espazos de participación constitúen un medio de comunicación pública e non privada, e as mensaxes dos lectores non corresponden con nós.
Jano Leis dende a sombra non sabe convocar asambleas, perde eleccións, perde xuizos... GAÑAR ¿Que é iso?
3 C O M E N T A R I O S:
NORIEGA NON ESTÁ DISPOSTO A PACTAR
Non te perdas a declaración neste video
http://dl.dropbox.com/u/16101440/koru%C3%B1o2.mp4
Saludos de noticiasdeteo.
CLAREXANDO IDEAS NO DIA DAS LETRAS
Un servidor, redactor xefe do blog, xa sabía que o video de Greve Geral ía axiña a causar comentarios dos radicais neonazonalistas, pero precisamente aproveito esta editorial para clarearlles algún conceptos. Gracias aos que se paren a lela.
DO NOSO IDIOMA
O galego non precisa de ser defendido e menos por interesados políticos, só precisa de ser falado, lido e escrito, esa é a mellor forma de amalo e conservalo. Xa é mágoa que certos persoeiros teñan que esperar aos dezasete de Maio para lembralo. O galego hai que cultivalo todolos días. Lonxe de fronteiras ideolóxicas o galego ten un claro dono, é de quen o queira. Inda así moitos intentan apropiarse del, facelo seu e facer de sí unha identidade. Ése precisamente e o gran dano que o neonazonalismo galego capitaneado polo partido político BNG e os seus agoreiros está a facerlle á nosa lingua. As súas políticas de implantación idiomática e desprecio do castelán fan que o galego se engaiole nun espazo limitado ás mentes dos máis intolerantes. Unha lingua sempre medra se é libre porque unha lingua é cultura e cultura é liberdade, para iso compre a convivencia, pluralidade e o respecto.
DO NAZONALISMO
O nacionalismo é unha forma de política que xurde da oposición a un estado moderno, son formas de facer avanza-los intereses das élites, os grupos sociais e os gobernos extranxeiros en contra do Estado. Existe unha idea equivocada segundo a cal o nacionalismo emerxe dun senso cultural da identidade nacional dun povo, poren moitos estudos sociolóxicos teñen demostrado que o nacionalismo é un xeito de crear un senso de identidade para mobiliza-lo apoio popular. Exemplos históricos de ncionalismo son:
A oposición nacional de Inglaterra e Francia durante os primeiros tempos modernos.
O separatismo dos imperios de Habsburgo e Otomano.
O fascismo en Alemania, Italia e Romania.
O nacionalismo reformista na China, Xapón e Turquía.
Os nacionalismos separatistas escocés, vasco, canadiense, etc...
DA NOSA IDEOLOXÍA
Nos non apoiamos a ningún partido político, e menos en Teo tal e como está o panorama. Simplemente defendemos a idea de liberdade, participación cidadán e dirixentes públicos ao servizo da cidadanía. Dentro destes límites compartimo-la existencia de calquera ideoloxía. Este perfil democrático non foi amosado polos últimos alcaldes de Teo, nin Armando Blanco nin moito menos Martiño Noriega. É por iso que na situación actual pedímolo voto para que o Bloque Nacionalista de Teo non goberne os vindeiros catro anos. E cadaquen que baixe as escaleiras como queira, inda que postos a escoller preferimos un goberno de esquerda para Teo.
Gracias a todos i en especial a Lois Pereiro pola túa herdanza inmaterial pero eterna...
"Poesía. Patria. Paixón. Perigo de extinción, perdidos en nosa propia Pureza, da necesidade de ser un Pobo. A nosa indiferenza alimentará o Proceso de autoxenocidio que vivimos. Paisaxes dispersas, aliñados entre os Perfís do Pasado, coa Presenza dunha vexetal sensación de eternidade. Paixón e Poses "punk", reflexos Postmodernos e altas horas nos diques urbáns da noite.".
LOIS PEREIRO. Do libro POEMAS 1981/1991 (Edicións Positivas. Santiago de Compostela, 1992).
no hay que hacer comentarios, como bien dices sobran las palabras, el domingo sabremos que pasa
Publicar un comentario