miércoles, 8 de diciembre de 2010

TSSDT SEGUE VIVO!!

Unha vez mais damosvos as grazas a tódos/as que nos brindades o voso cariño e apoio e nos preguntades se seguimos vivos, a resposta e SÍ!!! Estaremos vivos mentras teñamos o deber moral de pedir a dimisión do secretario xeral do Psoe e a día de hoxe , non temos noticias de que o secretario xeral do PSoe dimitise, nin de que o fixera a Sra. Sandra Riveiro, unha vez mais pedimos dende aquí  ¡¡¡¡ A DIMISIÓN DA SRA. SANDRA RIVEIRO!!!

Facendonos eco, dun comentario publicado por Marta Portela no blogue a COMARCAL, dende aquí queremos explicar un par de cousas tal e como as pensamos:

Marta, fala de que si seu pai, e o tesoireiro dunha asociación de calo, é porque algúen nalgún día lle chamou pra selo, polo tanto, parecemo moi forte que alguén se atreva a insinuar, que o SR. PORTELA utilizase os cartos para outro fin que no sexa a asociación.

Ademáis por algunha información que nos chegou, constanos que o Sr. Portela en mais dunha ocasión fixo cousas do seu traballo para a asociación TEENSES POLA IGUALDADE, sen que este reclamase os cartos polo seu traballo, pero claro parece ser que neste concello, tal e como menciona Marta, se non es xenro dun catedrático moi importante non tes dereito a dignidade.

Ademáis, o señor portela, en mais dunha ducia de ocasións, traballou para o Psoe teense, lástima que non fora partidario da forma de facer política do señor Leis, posto que hoxe en día non pode estar no PSOE, xa que como para todos é sabido, XENTE QUE NON PENSE COMO JANO LEIS, XENTE QUE NON MERECE ESTAR NO PSOE TEENSE.

Por se isto, fora pouco, participou activamente no Psoe, asistindo a reunións, mitíns e asambleas, ademáis de ser interventor en moitas ocasións,o que pasa e que quizáis Leis e Riveiro, (igual que no xuizo) digan que "o coñecen de  MANERA TANGENCIAL, Y QUE LOS VIERON UNA O DOS VECES"da Sr. Leis que non nos chupamos o dediño...

Ademáis creo que xa está ben de meterse con esta familia, nun primeiro momento acusouselles de ser os admisnitradores deste blogue, cousa que despois se demostrou que non, pero creo que aínda non chegou o momento en que o PSOE teense, pedise o perdón público a esta familia, pero claro xa sabemos o Sr. Leis non ten tempo, xa que anda tódolos días polos xulgados, poñendo denuncias a xente que opina libremente E QUE NON CREN NA FORMA DE FACER POLÍTICA DO SR. LEIS.

Moito ánimo dende TSSDT para toda a familia portela, e sabedes que tendes o noso apoio, e o de moita xente, e a realidade dinos QUE O TEMPO PON A CADA UN NO SEU LUGAR...
Amigos/as estamos en Decembro, quedan 5 MESES PARA AS ELECCIÓNS, e novamente quedan 5 meses para que Jano Leis volva a perder as eleccións..."

ASÍ SON LAS COSAS Y ASÍ SE LAS HEMOS CONTADO"


P.D ÁBRESE UNHA PORRA PARA OS RESULTADOS DAS VINDEIRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS, os que queirades participar enviade un correo a: tamensomossocialistasdeteo@gmail.com

¡¡¡ VOTA PARA QUE JANO LEIS NON GAÑE AS ELECCIÓNS EN TEO!!!

7 C O M E N T A R I O S:

Anónimo dijo...

Estou dacordo en todo o que decides sobre a familia Portela. Moito ánimo para todos eles. Para vos, pedirvos que poñades dunha vez o vídeo, eu xa o vin, pero estou desexando velo aquí. ¿idelo poñer por partes ou todo xunto? sería mellor por partes. As actuacións de Jano e Sandra non teñen desperdicio...

Anónimo dijo...

Xa vin o video, é impresionante, e eu pregúntome, ¿tamén o viron no pino? e todos os palmeiros de janito ¿que pensan? supoño que a seguir aplaudindo hasta o imposible. Tamén sei que xa chegou ben lonxe desta comunidade, pouco a pouco terán que velo hasta os que non queren.

Anónimo dijo...

a VERDADE É QUE DEBERADES PELEXAR POR GAÑAR AS ELECCIONS E QUE NON AS GAÑASE O pp COMO DIN AS ENQUISAS!

Lindeiros dijo...

Un debate interesante en el que no quiero personalizar pero en el que espero que participéis

http://estamosquenoespoco.blogspot.com/2010/12/wikileaks-blogs-y-anonimos.html

Anónimo dijo...

¡Ola! son Pilar Río. Como sempre este comentario figurará como "anónimo", xa dixen que non o sei facer doutra maneira, por iso vaia por diante a miña identificación.

Por outra banda, e tamén como xa ven sendo casi habitual, propoño, a modo de reflexión, as miñas observacións sobre as entradas doutro blog (o cal leo de vez en cando, pero no que non me dá a gana de escribir porque non estou segura de quen ven sendo o administrador, e supoño que el ou ela si sabe de min, nin siquera de que mo publiquen).

Respecto do reloxio (imaxino que é o que aparece nesta páxina), o comentario en cuestión fai referencia á súa inutilidade porque o Sr. Leis non pode perder unhas eleccións que nunca gañou; "estrictu sensu" estou de acordo co administrador dese blog, pero intentar coar a idea de que non pode perder as próximas eleccións, non é só pecar de optimista, senón de estar absolutamente aillado da realidade teense: o Sr. Leis, o mesmo que o Sr. Noriega ou o Sr. Blanco, presentouse lexítimamente a unhas eleccións para gañalas, é dicir para saír elixido alcalde, e como non as gañou (xaquelogo, as perdeu), outro dos candidatos, nese caso o Sr. Noriega, acadou a maioría dos votos. Na miña opinión, nos próximos sufraxios municipais, o Sr. Leis volverá a non gañalas, xaquelogo, a perdelas.

Con relación ós títulos académicos do Sr. Leis e dalgúns membros da súa familia, quero manifestar que non só non estou en contra de que os candidatos a alcalde posúan toda sorte de títulos, honores, cátedras e mencións especiais de calquera índole, senón que penso que, sendo como son todas elas moi xustas, deben estar moi orgullosos de que iso sexa así. Co que estou frontalmente en contra é coa utilización como escudo de calquera condición socialmente considerada superior á de outras persoas presentes nun acto público. E iso é precisamente o que fixo o Sr. Leis, nada menos que na sala de vistas dun xuízo: presentar o seu curriculum académico, ademais de mentar os títulos do seu fillo, seu pai e do seu sogro. E ¿con que obxectivo? o que pensamos, non poucas persoas, é que utilizaba ese "pedegree" para incitar a pensar que alguén tan digno como el e a súa familia non se pode comparar coas persoas que estaban sendo xulgadas; elas non teñen o seu curriculum, non son catedráticos nin teñen familiares tan honorables. E se por casualidade os tiveran, eu, dende agora mesmo, renego de alguén que se apoie nos méritos alleos en beneficio propio, máxime se é como escarnio de terceiros.

¿Veu o vídeo o autor dese comentario, ou fala por falar (ou porque lle mandan)?

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

GRAZAS A TODOS/AS UNHA VEZ MAIS POLAS VOSAS IMPRESIÓNS

marta dijo...

sobre o comentario de Pilar Río: pódese dicir máis alto, pero non máis claro!

O administrador do blogue non se fai responsable do contido das opinións publicadas polos internautas.
Así, os espazos de participación constitúen un medio de comunicación pública e non privada, e as mensaxes dos lectores non corresponden con nós.