lunes, 20 de diciembre de 2010

Os Controladores e os Caos Español

Creo que despois dos feitos acontecidos durante todo este mes de decembro, e o momento no que TSSDT quere expresar a súa opinión sobre este feito tan importante que está a pasar no noso país.

Recordemos que estes feitos, lévanse producindo durante todo este ano, uns personaxes (dende o meu punto de vista non lles podo chamar doutra maneira) están ausentandose ao seu posto de traballo, se baixa laboral algunha, e todo isto está a producir importantes quebradeiros de cabeza en moitas persoas, xa que son moitos os milleiros de xentes que se aglutinaban días e días nos aeroportos, co fin de facer o seu viaxe; tod@s el@s tiñan un unico obxetivo FACER A VIAXE QUE TIÑAN PAGADA, por culpa dos controladores non puido ser.

O goberno socialista que representa o país, non tivo mais remedio que MILITARIZAR OS AEROPORTOS E DECRETAR O ESTADO DE ALARMA...

Desde o meu punto de vista, a actuación do Ministro PEPE BLANCO FOI IMPECABLE, botoulle "pelotas" o asunto e amezou con despedir a todolos controladores se non regresaban o seu posto de traballo, repito IMPECABLE A ACTUACION DO NOSO MINISTRO SOCIALISTA, ao igual que todo o goberno

Pasaron os días e a situación parecia que ia mellorando (non e de todo certo por que a día de hoxe aínda segue habendo retrasos por culpa dos controladores), e con esto viñeron as criticas por parte, dos que  tan  ben creen que saber gobernar os"amigos" do PP, estes que nunca souberon nin gobernar nin facer oposición, xa que a súa oposición só se basa en malemeter todas as actuacións do goberno, sean boas ou malas

¿Que cren logo os do PP que tiña que facer o goberno? ¿Pódese facer algo mellor que o que fixo o noso ministro? ¿Acaso creen os do PP, que o señor Rajoy e o seu equipo ia facer mellor esta xestión??

Como sempre, os do PP, non teñen pelos na lingua, e teñen que atacar o goberno socialista, de todos os "patos" que pasan neste país e resulta ser que;

1) Nin o PP, nin calqueira outro grupo político podía facer mais que o que fixo este goberno
2) Non vos olvidedes de que a crise non é culpa de Zapatero, que algunhas cousas se podían melloran non o discuto, pero dende logo a alternativa NON E O PP, A UNICA OPCION DEMOCRATICA E O PSOE

Por último decir, que dende a miña opinión deberían "amonestar" a todos os controladores, xa que non hai dereito que miles de personas perderan os seus cartos, o seu tempo de estancia nos aeroportos, e sobre todo o viaxe que tiñan pagado...
¿Que lles abona agora os cartos?

¿E xusto que unha persoa que cobra o que cobran os controladores neste país non asista ao seu traballo e pola sua culpa a xente non poida viaxar?

¿Teñen dereito os controladores a facer unha folga encuberta, e repetila cada certo tempo, e que os cidadáns de a pé teñamos que estar sempre nas súas mans?

¿E normal que unha persoa perda o seu viaxe e os seus cartos, por esta situación ou debería de pagalos eles coas suas nominas?

Haí queda o debate aberto, podedes participar e mostrar a vosa opinion.

Saúdos amigo/as

6 C O M E N T A R I O S:

Anónimo dijo...

moi boa entrada una noticia moi importante para España, comparto totalmente a tu opinion tssdt, eu creo que deberian botalos a calle a todos, son uns impresentables, e sobretodo pepiño estuvo magnifico, un xenio
viva o psoe pero non o de janito leis

Anónimo dijo...

ostias pos controladores e unha vengonza que esto este a pasar nun pais en crise.
eso si como ben dicides arriba zapatero

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo co que decides na entrada. O goberno español tivo unha actuación impecable, ninguén o faría mellor. ¡Que bo partido teríamos se non o ensuciaran algúns de Teo!

Anónimo dijo...

eu tamen estou de acordo con que deberian castigalos, pero non so a eles, como esta o tema da educación que hay mestres na universidades quer traballan 2 horas a semana e de mala gaña... a ese que....?

Anónimo dijo...

RESPOSTA O ULTIMO ANONIMO;
Penso que os mestres das universidades se só traballasen 2 horas a semana creo que lles deberían dar mais traballo, pero dende logo non creo que ninguén traballe só duas horas ¿Coñeces a alguén que traballe só dúas horas? por que parece que o dis por alguén...

Paco dijo...

Vamos por partes q eu creo q non nos estamos enterando do asunto:
1º- O goberno aproba xunto con eles un convenio laboral q implica unhas horas e uns salarios
2º- Eles cobran segundo o estipulado, q nn rouban, en tal caso é o goberno quen rouba pra pagarlle a eles
3º- quen pecha o espazo aéreo é a empresa, non eles a nivel individual. É como se a reitoria da usc decide pechar a universidade, entón é decisión da reitoría e non dos profesores ou dos estudantes.

En resumo, primeiro o goberno págalles, por vontade propia, unha millonada e despois fai unha xogada de limpeza de cara para desviar a atención de que en realidade o q están kerendo facer é privatizar todo, e fai públicos os seus soldos para q a opinión pública teña carnaza e se olvide doutros asuntos, e para rematala, vamos nós e aplaudimos unha invasión militar nos postos de traballo, cando se supón q estamos nunha "democracia", q se me ríe el ombligo
Estache ben o patio..
Bicos Paco

O administrador do blogue non se fai responsable do contido das opinións publicadas polos internautas.
Así, os espazos de participación constitúen un medio de comunicación pública e non privada, e as mensaxes dos lectores non corresponden con nós.